Consulta a oferta formativa do Espazo Musical da USC no Campus Terra para o curso 2018-2019
A IMPROVISACIÓN É A SOLUCIÓN. Introdución ó soundpainting.
Resumo
O soundpainting é unha linguaxe de signos aplicada á Improvisación. A directora ou soundpainter compón ao...
ESPAZO MUSICAL
A IMPROVISACIÓN É A SOLUCIÓN. Introdución ó soundpainting.
Resumo
O soundpainting é unha linguaxe de signos aplicada á Improvisación. A directora ou soundpainter compón ao vivo pezas improvisadas multidisciplinariamente e de xeito colectivo. Multidisciplinario porque, se ben comezou nos anos 70 aplicado á música, hoxe en día utilízase en case calquera expresión artística: movemento, artes plásticas e visuais, teatro, literatura, performance, etc… Neste taller faremos unha inmersión lingüística no soundpainting, descubrindo unha visión absolutamente enriquecedora e liberadora da improvisación. Para min, como músico, creador ou artista, o soundpainting foi un punto de inflexión na miña forma de relacionarme co instrumento, coa improvisación, cos meus prexuízos, límites e bloqueos. Un achado a todos os niveis, e ademais, unha das cousas máis divertidas para descubrir en grupo. A improvisación é a solución!
Obxectivos e contidos
Coñecer unha paleta básica de 50 signos aplicados a cada unha das disciplinas: música, danza, teatro, artes visuais… Entender a lóxica do soundpainting como membro da orquestra e como director/a. Realizar unha actuación final ó remate da Xornada.
Duración
Faremos unha Xornada diaria completa para a inmersión no soundpainting. De 10 a 13, e de 16 a 19 h. Ás 20 h faremos unha mostra do traballo realizado ese día. Estaremos todos os participantes no mesmo espazo en todo momento.
Data
1 de decembro
Prezos: comunidade universitaria: 25 euros / taxa xeral: 50
CURSO DE PRÁCTICA CORAL
Este ano como novidade crease en Lugo a posibilidade de pertencer ao Coro Campus Terra a través do curso de práctica coral dirixido por Fernando Jácome
1ª reunión: 21 de setembro ás 13:00 horas na aula de teatro e danza sita no Aulario de Veterinaria
Data: Os venres dende outubro a maio
Horario: 13:00 a 15:00
Taxa uni: 80
Taxa xeral: 140
Infórmate na Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar
Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513
e-mail: cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)