Consulta a programación do Espazo de Danza da USC para o curso 2018-2019 no Campus Terra de Lugo
Campus Terra de Lugo
COMPAÑÍA DE DANZA DA USC-Lugo:
A compañía de danza universitaria dedícase á creación e investigación do movemento e á composición...
Compañía de Danza 2018-19
Campus Terra de Lugo
COMPAÑÍA DE DANZA DA USC-Lugo:
A compañía de danza universitaria dedícase á creación e investigación do movemento e á composición coreográfica no ámbito da danza contemporánea, que dará como resultado unha peza que se presentará posteriormente ante o público. A proposta final será o froito do traballo no Curso de Danza Contemporánea utilizando material traballado e a posta en común de propostas dos alumnos.
Requisitos de acceso.- Participar no Curso de Danza Contemporánea ou pertencer en anos anteriores á Compañía de Danza da USC.
Duración.- Do 16 de outubro de 2018 a maio de 2019 (despois desta data terán lugar as saídas a encontros, festivais e a propia organización do 17º Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC).
Días e horarios.- Martes e xoves, de 21:05 h a 22:05 h.
Lugar.- Aula de Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria).
Nº de prazas.- 10 alumn@s
Prezo.- Gratuíto. Só comunidade universitaria.
Fin do prazo de inscrición.- Martes 30 de outubro de 2018
2 CRÉDITOS ECTS
CREA O TEU GRUPO DE DANZA, USA O TEU ESPAZO!
(De xaneiro a abril de 2019)
•Programa de apoio ás compañías independentes de danza da USC
•Asesoría de creación e produción coreográfica
•Servizo de préstamo
•Espazo de ensaio
Requisito.- Pertencer á comunidade universitaria.
Programa de formación 2018-19
Campus Terra de Lugo
1.- CURSO DE DANZA CONTEMPORÁNEA (76 horas)
Adquirir uns coñecementos elementais sobre o mundo da danza e acadar unha base para unha futura aplicación. Faremos estiramentos corporais a través do ioga e a coordinación entre o movemento e a música; traballo de chan e traballo en vertical. Tamén se traballará o equilibrio e a coordinación, buscando a expresión corporal a través do ritmo.
Profesora.- Rosa Acuña
Prazo de matrícula.- De setembro ata que se cubran as prazas, por orde de inscrición.
Duración do curso.- Do 16 de outubro de 2018 ao 28 de marzo de 2019
Días e horarios.- Os martes e xoves de 19:00 h a 21:00 h
Lugar.- Aula de Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Prezo:
Membros da comunidade universitaria.- 100 euros
Xeral.- 140 euros
Nº de prazas.- 15
3 CRÉDITOS ECTS
2.- CURSO DE DANZA e IOGA DINÁMICO (Respiración e conciencia corporal) (25 horas)
Curso enfocado en coñecer e mellorar o teu corpo e explorar, enfocar e aquietar a túa mente.
Partindo da conciencia do noso corpo, traballamos como mellorar a postura corporal, por medio das posturas en quietude do ioga. Traballamos por medio de secuencias do ioga dinámico a fluidez, facendo desas secuencias unha danza corporal.
Aprenderemos a respirar correctamente, e practicaremos diferentes métodos de respiración para activar os dous hemisferios cerebrais e así aprender a liberar tensións.
Estudamos a respiración completa para así mellorar a nosa circulación e concentración, mellorando a flexibilidade, coordinación e o equilibrio, e así atoparnos ben física e psiquicamente, aprendendo a relaxarnos.
É unha ferramenta imprescindible para tomar conciencia do que somos e como somos. Facilita e axuda en calquera disciplina ximnástica, dancística e artística.
Non se requiren coñecementos previos. Accesible para todas as idades
Profesora.- Rosa Acuña
Prazo de matrícula.- De setembro ata que se cubran as prazas por orde de inscrición
Duración do curso.- Do 16 de outubro de 2018 ao 26 de marzo de 2019
Días e horarios.- Os martes, de 17:00 h a 18:30 h
Lugar.- Aula de Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Prezo:
Membros da comunidade universitaria.- 100 euros
Xeral.- 140 euros
Nº de prazas.- 15
1 CRÉDITO ECTS
3.- CURSO DE DANZA CREATIVA (25 horas)
Curso enfocado en coñecer e mellorar o propio corpo. Traballamos por medio de secuencias do movemento a fluidez, facendo desas secuencias unha danza corporal, mellorando a flexibilidade, coordinación e o equilibrio, e así atoparnos ben física e psiquicamente, aprendendo a relaxarnos.
É unha ferramenta imprescindible para tomar conciencia do que somos e como somos. Facilita e axuda en calquera disciplina ximnástica, dancística e artística.
Non se requiren coñecementos previos. Accesible para todas as idades
Profesora.- Rosa Acuña
Prazo de matrícula.- De setembro ata que se cubran as prazas por orde de inscrición
Duración do curso.- Do 16 de outubro de 2018 ao 26 de marzo de 2019
Días e horarios.- Os martes, de 12:30 h a 14:00 h
Lugar.- Aula de Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Prezo:
Membros da comunidade universitaria.- 110 euros
Xeral.- 150 euros
Nº de prazas.- 15
4.- CURSO DE DANZA ORIENTAL (44 horas)
Profesora.- Mercedes Aguiar
Prazo de matrícula.- Do 12 de setembro ata que se cubran as prazas por orde de inscrición
Niveis.- Iniciación, Intermedio e Avanzado
Curso de Iniciación.- Do 15/10/2018 ao 11/2/2019. (22 horas)
Curso Intermedio.- Do 18/2/2019 ao 24/6/2019. (22 horas)
Curso Avanzado.- Do 17/10/2018 ao 26/6/2019. (45 horas)
1 crédito ECTS (nivel avanzado)
Lugar.- Sala de Cultura e Deporte, pavillón 4, Facultade de Veterinaria
Día e horario.- Os luns (Iniciación e Intermedio) e mércores (Avanzado) de 17:45 a 19:15 h
Prezo:
Iniciación e Intermedio:
Membros da comunidade universitaria.- 70 euros
Xeral.- 110 euros
Avanzado:
Membros da comunidade universitaria.- 110 euros
Xeral.- 150 euros
Nº de prazas.- 10
1 CRÉDITO ECTS
5.- CURSOS DE DANZA LATINA (salsa, bachata, merengue, conga e rueda cubana)
Profesor.- Miguel D. Herrera Lage
Prazo de matrícula.- Do 12 de setembro ata que se cubran as prazas por orde de inscrición
Niveis.- Iniciación, Intermedio e Avanzado
Datas:
Curso de iniciación.- Do 19/10/2018 ao 15/2/2019. (30 horas)
Curso intermedio.- Do 22/2/2019 ao 7/6/2019. (30 horas)
Curso avanzado.- Do 19/10/2018 ao 7/6/2019. (60 horas)
Día e horario.- Os venres de 16:00 h a 18:00 horas (Iniciación e Intermedio) e de 18:30 h a 20:30 horas (Avanzado)
Lugar.- Aula de Danza (Aulario da F. de Veterinaria)
Prezos:
Iniciación e Intermedio:
Membros da comunidade universitaria.- 70 euros
Xeral.- 110 euros
Avanzado:
Membros da comunidade universitaria.- 100 euros
Xeral.- 140 euros
Nº de prazas.- 30 por cada curso
1 CRÉDITO ECTS (Iniciación e Intermedio)
2 CRÉDITOS ECTS (Avanzado)
Infórmate na Área de Cultura do Campus de Lugo
Pazo de Montenegro - Praciña da Universidade s/n, 2º andar
Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513
e-mail: cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es)