Convocado o III Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) organiza o III Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural que ten por obxecto premiar aqueles Traballos Fin de Grao...
Lugo
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) organiza o III Concurso de Traballos Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural que ten por obxecto premiar aqueles Traballos Fin de Grao saídos das titulacións impartidas na EPSE asinados por alumnas ou calquera que teña como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural. O prazo de presentación de solicitudes remata o 5 de novembro.
Consulta as bases completas da convocatoria nesta ligazón.