Pasar al contenido principal

A directora da Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha impartirá o luns 10 de xuño unha charla técnica sobre a nova lei do pan

A directora da Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha impartirá o luns 10 de xuño unha charla técnica sobre a nova lei do pan
A directora da Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha impartirá o luns 10 de xuño unha charla técnica sobre a nova lei do pan
A catedrática da USC Ángeles Romero e directora da Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha impartirá o luns 10 de xuño unha charla técnica sobre a nova lei do pan e a súa aplicación na pequeña e mediana...
Lugo

A catedrática da USC Ángeles Romero e directora da Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha impartirá o luns 10 de xuño unha charla técnica sobre a nova lei do pan e a súa aplicación na pequeña e mediana empresa.

 

Romero estará acompañada por Manuel da Cunha Pereira, xerente do Grupo Da Cunha e promotor desta cátedra da USC e primeira adscrita ao Campus Terra, nun acto que terá lugar no Centro de Formación Profesional EFA Piñeiral de Arzúa a partir das 15.30h.

 

A Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha é unha cátedra institucional, promovida polo Grupo Da Cunha, que ten como obxectivos xerais a investigación, o fomento da docencia e a difusión dos coñecementos no ámbito do pan e dos cereais, en concreto sobre a historia da elaboración do pan en Galicia, a selección e mellora dos cereais que permiten a produción do pan galego e outros produtos derivados, así como sobre os procesos de panificación con metodoloxías innovadoras e alternativas para conseguir un maior valor engadido.

 

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.