Pasar al contenido principal

O dúo Liliak actúa este luns ás 20.00h. na Casa do Saber dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’

O dúo Liliak actúa este luns ás 20.00h. na Casa do Saber dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’
O dúo Liliak actúa este luns ás 20.00h. na Casa do Saber dentro do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’
O dúo Liliak ofrecerá este luns, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Lied, o son das palabras’, dentro do programa ‘Na Calzada’, petencente ao ciclo ‘Músicas...
Lugo

O dúo Liliak ofrecerá este luns, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Lied, o son das palabras’, dentro do programa ‘Na Calzada’, petencente ao ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, do que forman parte USC, Concello e Deputación de Lugo.

 

Este dúo formouse en 2017 baixo a dirección de Josep Surinyac na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMuC) e atópase integrado pola pianista rabadesa Andrea Vilar e pola soprano vitoriana Maite Arciniega.

 

O repertorio do concerto ‘Lied, o son das palabras’ ofrece un programa variado que mestura letras de P. Heyse, Goethe, Bernstein, P. Bourget, Rafel Alberti, Ramón Cabanillas, N. Lenau, H. Heine, E. Kulhnann, con músicas de Hugo  Wolf, Franz Shubert, Leonard Bernstein, Claude Debussy, Rodolfo Halffter, Federico Mompou, Sorozábal, Shumann, Mendelssohn ou Hanns Eisler.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.