A EPSE acolle tres xornadas de orientación laboral dirixidas aos seus estudantes e egresados
A Escola Poliécnica Superior de Enxeñaría organiza en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e coa Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, tres...
Lugo
A Escola Poliécnica Superior de Enxeñaría organiza en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e coa Área de Orientación e Inserción Laboral da USC no Campus Terra, tres xornadas para informar aos seus estudantes e titulados/as verbo das competencias para atopar emprego e de estratexias de emprendemento os días 13 e 27 de febreiro, así como o 13 de marzo.
O prazo de inscrición para tomar parte nestas xornadas remata o vindeiro 11 de febreiro e a mesma debe formalizarse, de xeito completamente gratuíto, na conserxería do centro. Esta actividade está recoñecida cun crédito ECTS e os e as asistentes recibirán un certificado de asistencia.
Consulta aquí o programa completo das xornadas.