A Estación Científica do Courel abordará o uso tradicional das plantas medicinais entre o 7 e o 9 de xuño
A licenciada en Farmacia pola USC, María Moure de Oteyza, impartirá o obradoiro ‘O uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: o exemplo do Caurel’ entre os días 7 e 9 de xuño na Estación Científica do Courel. Este taller intensivo impartido do venres ata o domingo á tarde atópase conformado por once horas de teoría e dúas excursións, que constituirán as clases prácticas.
A primeira hora de clase teórica será de introdución e as nove seguintes basearanse en fichas técnicas de 3 plantas medicinais por hora. A derradeira hora de clase, correspondente á clausura, destinarase a un coloquio final para atender as dúbidas, comentarios e preguntas dos asistentes. Cada ficha técnica está baseada nunha planta medicinal común empregada en Galicia a nivel tradicional, tomando coma referencia as utilizadas na Serra de O Caurel.
Trátase dun total de 30 plantas clasificadas por orde alfabética. De cada unha delas estudarase o seu uso, tanto o recollido pola Farmacopea oficial coma o tradicional. Tamén se estudarán as partes utilizadas e mais a preparación, así como as precaucións de uso e, no caso de que proceda, o seu significado máxico-medicinal, así coma refráns, lendas e cancións. Dito estudo completarase cos coñecementos aportados polos asistentes. As clases prácticas consistirán en dúas excursións en horario de tarde: o sábado de 16:00h a 20:00h e o domingo, por ser o derradeiro día, a excursión será de 14:30h a 18:30h cun xantar de camiño.
A inscrición no obradoiro pode formalizarse ata o 3 de xuño chamando aos teléfonos 982821901 (polas tardes), 648051928, 600942418, ou enviando un correo electrónico a ro_rodriguezlopez [at] hotmail.com (ro_rodriguezlopez[at]hotmail[dot]com) ou a antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es) indicando nome e apelidos, DNI con letra, dirección postal e número de teléfono.