A Estación Científica do Courel impulsa un curso sobre o aproveitamento das carnes de tenreira, vaca e boi
A Estación Científica do Courel organiza xunto coa Deputación Provincial de Lugo o curso-obradoiro 'A cociña das carnes de tenreira, vaca e boi: aproveitamento, corte, tratamento e preparacións con produtos da terra' dirixido principalmente a profesionais da hostalaría ou restauración das comarcas de Courel e Ancares e que terá lugar o martes 18 de decembro das 17 ás 20.30h no CPI Uxío Novoneira de Seoane do Courel.
As inscricións poden realizarse de balde a través do enderezo electrónico proxecto.micoloxia [at] usc.es (proxecto[dot]micoloxia[at]usc[dot]es) ou no teléfono 982823137 en horario de 8.30 a 14.30h ata o día 17 de decembro. Esta actividade está dotada con 24 prazas e de superarse ese número de inscricións daráselle preferencia aos profesionais do ámbito por rigorosa orde de inscrición. Os e as interesadas deben facilitar nome e apelidos, DNI con letra, teléfono de contacto, dirección postal e nome da empresa para a que traballa de ser o caso.
O curso/obradoiro é gratuíto e ten un carácter eminentemente práctico, con sesións directas en cociña e será impartido por Héctor López, chef do Restaurante España de Lugo e prestixioso cociñeiro con ampla experiencia na cociña e a súa divulgación.
Consulta máis información sobre o curso