Pasar al contenido principal

O evento de divulgación científica DivulgaTerra abre o seu prazo de inscrición ata o 19 de outubro

O evento de divulgación científica DivulgaTerra abre o seu prazo de inscrición ata o 19 de outubro
O evento de divulgación científica DivulgaTerra abre o seu prazo de inscrición ata o 19 de outubro
O evento de divulgación científica DivulgaTerra que aspira a darlle relevancia pública ao traballo dos investigadores e investigadoras do Campus Terra, e promover o galego como ferramenta para...
Lugo

O evento de divulgación científica DivulgaTerra que aspira a darlle relevancia pública ao traballo dos investigadores e investigadoras do Campus Terra, e promover o galego como ferramenta para comunicar e difundir os resultados dese traballo de investigación, pon en marcha a súa terceira edición coa apertura do seu prazo de inscrición ata o vindeiro 19 de outubro a través deste formulario web

 

DivulgaTerra. Petiscos de divulgación científica” permitiu que nas edicións de 2016 e 2017 unhas 30 persoas lle contasen a un público non especializado as súas respectivas liñas de investigación. Como novidade, na edición de 2018, o evento estruturarase en tres sesións temáticas que terán lugar os días 15, 22 e 29 de novembro na Casa do Saber dedicadas ás Ciencias da Saúde, Ciencias e Tecnoloxía, así como ás Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas. 

 

A participación en DivulgaTerra será recoñecida cun diploma, expedido polo Campus Terra e polo Servizo de Normalización Lingüística da USC. Ademais, un resumo escrito de cada unha das intervencións publicarase nun libro de resumos, editado coa colaboración da Escola de Doutoramento Internacional Campus Terra.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.