Pasar al contenido principal

O V Findecurta entrega este venres os seus premios na Praza de Santa María

O V Findecurta entrega este venres os seus premios na Praza de Santa María
O V Findecurta entrega este venres os seus premios na Praza de Santa María
O certame audiovisual 'Findecurta' celebrará este venres, a partir das 21.00 horas, na Praza de Santa María, unha sesión na que se proxectarán as curtas presentadas a concurso polas once candidaturas...
Lugo

O certame audiovisual 'Findecurta' celebrará este venres, a partir das 21.00 horas, na Praza de Santa María, unha sesión na que se proxectarán as curtas presentadas a concurso polas once candidaturas inscritas para logo dar a coñecer a proposta máis valorada polo xurado e tamén a curta que conte con favor do público.

 

A cerimonia de clausura do V Findecurta, un maratón audiovisual coordinado por Bruno Máez e que un ano máis volveu congregar máis dun centenar de persoas arredor da videocreación, comezará cun espectáculo musical a cargo de Factoría de Subsistencia.

 

 

A curta galardoada polo xurado recibirá o primeiro premio dotado cunha gratificación en metálico de 400 euros. A esta distinción, cómpre sumar a participación deste traballo na sección de curtas da 41ª  Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Asemade, a proposta máis votada polo público presente na cerimonia obterá como premio a súa participación na próxima edición desta semana de cine, no que competirá polo Premio á Mellor Curtamentraxe galega.

 

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.