Pasar al contenido principal

O graduado en Nutrición e Dietética Jesús Fernández Cruces gaña o I Premio da Cátedra do Pan e do Cereal

O graduado en Nutrición e Dietética Jesús Fernández Cruces gaña o I Premio da Cátedra do Pan e do Cereal
O graduado en Nutrición e Dietética Jesús Fernández Cruces gaña o I Premio da Cátedra do Pan e do Cereal
Jesús Fernández Cruces, graduado en Nutrición Humana e Diétética, vén de erixirse en gañador da primeira edición dos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC,...
Lugo

Jesús Fernández Cruces, graduado en Nutrición Humana e Diétética, vén de erixirse en gañador da primeira edición dos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, destinados a poñer en valor aqueles Traballos Fin de Grao (TFG) e Traballos Fin de Mestrado (TFM) que versen sobre os cereais e os seus derivados, abarcando dende a produción ata a fase final de comercialización dos produtos obtidos. 

 

O Traballo Fin de Grao titulado ‘¿En qué dimensión se encuentra el pan en la actualidad?’ conforma un meticuloso estudo de valoración do pan tradicional ao tempo que demanda a incorporación de modelos tridimensionais deste produto alimenticio como ferramentas de consultas clínicas axeitadas para dietistas e nutricionistas.

 

O xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios da Cátedra do Pan e do Cereal da USC, un comité avaliador presidido pola directora desta cátedra universitaria do Campus Terra, Ángeles Romero, e do que tamén forman parte o presidente do Grupo Da Cunha, Manuel da Cunha; o enxeñeiro agrónomo da referida empresa Fernando Almedia, ademais dos vicerreitores da USC Montserrat Valcárcel Armesto e Gumersindo Feijoo Costa, e o catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, Santiago Pereira, deu a coñecer este martes a súa resolución logo dunha reunión celebrada no edificio Cactus do Campus Terra.

 

 

O gañador do I Premio da Cátedra do Pan e do Cereal do Campus Terra da USC recibirá este galardón, dotado con 1.000 euros en métálico, ademais de coa posibilidade de gozar dunha experiencia de traballo no Grupo Da Cunha a través dun contrato laboral de seis meses de duración, o vindeiro 21 de decembro no marco dun acto público que se desenvolverá na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo.

 

Fernández Cruces deseñou e validou neste traballo un cuestionario de 60 preguntas e máis de 200 posibles ítems de resposta co que enquisou a 204 suxeitos de diversos puntos da xeografía galega.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.