Pasar al contenido principal

O III Premio ‘Rafael Crecente’ mantén aberto o seu prazo de presentación de candidaturas ata o 15 de marzo

O III Premio ‘Rafael Crecente’ mantén aberto o seu prazo de presentación de candidaturas ata o 15 de marzo
O III Premio ‘Rafael Crecente’ mantén aberto o seu prazo de presentación de candidaturas ata o 15 de marzo
O III Premio ‘Rafael Crecente’ a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial convocado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra, coa colaboración...
Lugo

O III Premio ‘Rafael Crecente’ a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial convocado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra, coa colaboración do Laboratorio do Territorio, mantén aberto o seu prazo de presentación de candidaturas ata o vindeiro 15 de marzo.

 

O premio ten como obxectivo impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial en sentido amplo en Galicia.

 

Poderán participar nesta convocatoria todas aquelas persoas que remataran a súa titulación universitaria de Grao ou Máster nos últimos 5 anos, tomando como referencia a data límite de entrega de propostas ao presente premio.

 

A persoa que reciba o premio obterá un recoñecemento formal a través dun diploma acreditativo e un premio de 2.000 euros, e de ser o caso, permitirá a difusión do seu traballo  a través dos medios que o IBADER e o Laboratorio  do Territorio estimen convenientes.

 

As persoas candidatas deberán enviar as súas propostas ao enderezo electrónico premio.rafaelcrecente [at] usc.es (premio[dot]rafaelcrecente[at]usc[dot]es), en formato pdf e cunha extensión máxima de 50 páxinas, tamaño A4, solicitando confirmación da correcta recepción do documento enviado.

 

Consulta aquí as bases completas do premio

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.