Pasar al contenido principal

Mitos e certezas sobre o pan, obxecto de análise para o Campus Terra da USC

Mitos e certezas sobre o pan, obxecto de análise para o Campus Terra da USC
Mitos e certezas sobre o pan, obxecto de análise para o Campus Terra da USC
A Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, celebrou este luns unha xornada na que baixo o título ‘Poñemos o pan sobre a mesa?’ distintos relatores abordaron...
Lugo

A Cátedra do Pan e do Cereal Da Cunha, a primeira adscrita ao Campus Terra da USC, celebrou este luns unha xornada na que baixo o título ‘Poñemos o pan sobre a mesa?’ distintos relatores abordaron dende unha perspectiva multidisciplinar a natureza dun dos alimentos centrais da nosa dieta.

 

Trala inauguración presidida pola vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e na que tamén tomou parte o impulsor da Cátedra Manuel Da Cunha; a directora da mesma, Ángeles Romero, situou o obxecto de debate a través do relatorio ‘Comezamos polo principio… que é o pan?’. O dietista-nutricionista Juan Revenga pronunciou, acto seguido, a conferencia ‘Verdades como panes’. Tras el, diferentes nutricionistas titulados pola USC afondaron na natureza do pan dende distintos enfoques.

 

Jesús Fernández Cruces falou do pan en Galicia, mentres que Nicolás Piedrafita centrou o seu discurso a través do relatorio ‘O pan non pasa de moda’. Nuria Callejo abordou o tránsito da industria á mesa para que, finalmente, Lorena Alfonso falase do tan polémico glute.

 

O acto pechouse cun debate moderado por Ana María Martínez Lorente da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables. Tralos relatorios, o centenar de asistentes puideron degustar unha mostra de pans de Galicia. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.