Pasar al contenido principal

‘Noites na domus’ celebra as súas dúas últimas sesións este mércores ás 21.30h e 22.30h

‘Noites na domus’ celebra as súas dúas últimas sesións este mércores ás 21.30h e 22.30h
‘Noites na domus’ celebra as súas dúas últimas sesións este mércores ás 21.30h e 22.30h
O programa ‘Noites na Domus’, actividade do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ na que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, remata este mércores 15...
Lugo

O programa ‘Noites na Domus’, actividade do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ na que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, remata este mércores 15 de maio, cunha dobre sesión de visitas guiadas polo arqueólogo Celso R. Cao e con acompañamento musical do grupo Solo Voces ás 21.30 e 22.30 horas respectivamente.

 

As persoas interesadas poden retirar xa este martes día 14 as entradas nas oficinas da Área de Cultura da USC na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo en quenda de 9.00 a 14.00 horas. Promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, asinado por USC, Concello e Deputación de Lugo, esta iniciativa procura favorecer o coñecemento da historia a través dunha viaxe musicada polo xacemento que permita ao espectador achegarse tamén ás diferentes épocas a través das súas composicións sonoras. Como o aforo atópase limitado a 25 persoas, as entradas deben recollerse con antelación na Oficina de Cultura da USC no Campus Terra, ata un máximo de dúas por persoa.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.