Pasar al contenido principal

A pianista Andrea Vilar actúa este luns ás 20.00h na Casa do Saber

A pianista Andrea Vilar actúa este luns ás 20.00h na Casa do Saber
A pianista Andrea Vilar actúa este luns ás 20.00h na Casa do Saber
O programa ‘Na Calzada’ pertencente a ‘Músicas a carón da Mosqueira’, ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica, acolle este luns, ás 20.00h, na Casa do Saber, a...
Lugo

O programa ‘Na Calzada’ pertencente a ‘Músicas a carón da Mosqueira’, ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica, acolle este luns, ás 20.00h, na Casa do Saber, a actuación da pianista Andrea Vilar.

 

Andrea Vilar nace en Rábade en 1997. Tras rematar os seus estudos profesionais na cidade amurallada de man de Juan Ignacio Martínez, trasládase a Barcelona para cursar os estudos superiores en Interpretación Clásica e Contemporánea na Escola Superior de Música de Catalunya, traballo que aínda realiza na actualidade, co profesor Jordi Camell. Nos dous últimos anos recibiu clases de profesores como Kennedy Moretti, Eldar Nebolsin, Pierre Laurent Aimard ou Rita Wagner.

 

Ademais, interésase profundamente pola música de cámara, recibindo clases de membros do Cuarteto Quiroga, Cuarteto Casals ou Dalia Quartet, así como de profesores como Pascal Moragués. Asemade, cultiva o xénero lied da man de profesores como Josep Surinyac ou Francisco Poyato, co dúo Liliak, activo actualmente. Nestes anos está afondando na interpretación historicamente informada con instrumentos de época, traballando no fortepiano e no clave da man de Luca Guglielmi.

 

No concerto desta noite, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural do que forman parte USC, Concello e Deputación de Lugo, Andrea Vilar interpretará pezas de Louis Couperin, Johann Sebastian Bach, Franz Schubert, ou Frèderic Chopin, entre outros.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.