Pasar al contenido principal

O profesor da Universidade de Kanazawa Seiichi Nakamura visita o Campus Terra da USC

O profesor da Universidade de Kanazawa Seiichi Nakamura visita o Campus Terra da USC
O profesor da Universidade de Kanazawa Seiichi Nakamura visita o Campus Terra da USC
O profesor titular do Centro de Estudos de Recurso Cultural do Instituto de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade xaponesa de Kanazawa, Seiichi Nakamura, realizou unha estadía dunha semana no...
Lugo

O profesor titular do Centro de Estudos de Recurso Cultural do Instituto de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade xaponesa de Kanazawa, Seiichi Nakamura, realizou unha estadía dunha semana no Campus Terra de Lugo coa intención de estreitar vínculos de colaboración futuros coa Facultade de Humanidades da USC.

 

Nakamura chegou a Lugo o pasado luns, cando tivo a oportunidade de visitar o Servizo de Relacións Exteriores, así como de reunirse coa profesora do Departamento de Inglés JoDee Anderson. A estadía de Nakamura continuou o martes 16 coa charla ‘Arqueoloxía da civilización Maia’, ante o alumnado da profesora Dolores Dopico, e presentada polo profesor Carlos Baliñas Pérez. Tras xantar coa decana da Facultade de Humanidades, Maribel González Rey, Nakamura reuniuse co equipo de dirección do centro para abordar posibles liñas de cooperación futura.

 

 

O vicedecano Gonzalo Francisco Fernández Suárez acolleu o mércores, no marco da súa materia ‘Técnicas e tratamento da documentación’, unha nova charla de Nakamura baixo o título ‘Historia da exploración da civilización maia antiga’. O vicedecano foi tamén o encargado de acompañar a Nakamura na visita que realizou ao complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis así como ao Centro de Interpretación ‘Vía Nova’, situados ambos os dous no concello de Bande. Nesta visita coñeceu este complexo arqueolóxico da man do arqueólogo Santiago Sierra Ferrer quen ademais lle adiantou os últimos achádegos realizados nas escavacións arqueolóxicas que na actualidade están a desenvolverse. Xa para rematar o profesor Nakamura percorreu as diferentes salas do Centro de Interpretación ‘Vía Nova’ da man da súa guía Eva María Rodríguez.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.