Pasar al contenido principal

Programación da Casa do Saber para o mes de outubro

Programación da Casa do Saber para o mes de outubro
Programación da Casa do Saber para o mes de outubro
Consulta a programación de actividades que acollerá a Casa do Saber no que queda de outubro:
 
Mércores, 24 de outubro ás 19.30 horas na CASA DO SABER:
PROXECCIÓN (SESIÓNS DE FILMOTECA, en...
Lugo

Consulta a programación de actividades que acollerá a Casa do Saber no que queda de outubro:

 

Mércores, 24 de outubro ás 19.30 horas na CASA DO SABER:

PROXECCIÓN (SESIÓNS DE FILMOTECA, en colaboración co CGAI e Clube Valle Inclán)

 A Ciambra, de Jonas Carpignano. VOSE.

Na comunidade xitana de A Ciambra (Calabria) impera a lei da rúa, que Cosimo ensina ao seu irmán Pio, de 14 anos. Mais cando este desaparece, o rapaz deberá enfrontarse só aos desafíos do barrio e encarará unha dura proba que testificará se está listo para se converter nun home.

ENTRADA: libre membros  Valle – Inclán e comunidade universitaria presentando a tarxeta universitaria. Público xeral 1 euro

 

Xoves, 25 de outubro ás 20.00 horas na CASA DO SABER:

Mesa redonda “Debate sobre a Lingua Galega hoxe”:

Teresa Cabello de Latorre (nada en Valladolid, vive en Galicia desde o ano 1976, xubilouse sendo profesora de Lingua Galega),  Manuel Celso Matalobos (catedrático, xefe do departamento de Lingua Galega no Instituto Lucus Augusti  -o mesmo no que impartriu docencia Mª Victoria- e escritor). Antón Grande Penelas (xornalista e escritor).  Modera Mª Carmen Longarela Pena, Secretaria.

(Dentro do Ciclo de conferencias Mª Victoria Moreno nas Letras Galegas de 2018,  organizado polo CLUBE VALLE INCLÁN)

ENTRADA LIBRE

 

Mércores, 31 de outubro ás 19.30 horas na CASA DO SABER:

PROXECCIÓN (SESIÓNS DE FILMOTECA, en colaboración co CGAI e Clube Valle Inclán)

Amante por un día, de Philippe Garrel. VOSE.

Unha rapaza de 23 anos regresa á casa familiar tras dunha ruptura sentimental. Alí descobre que seu pai está a manter unha relación cunha muller da súa mesma idade.

ENTRADA: libre membros  Valle – Inclán e comunidade universitaria presentando a tarxeta universitaria. Público xeral 1 euro

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.