A Residencia Universitaria Bal y Gay impulsa unha campaña de recollida de roupa e alimentos
A Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay vén de habilitar nas súas dependencias un espazo de recollida de roupa e de alimentos que se doarán ao Banco de Alimentos de Lugo ao abeiro da Bolsa de Desenvolvemento Sostido, Sociocultura, Internacionalización e Dirección.
A directora da residencia e profesora da USC na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, Paula Vázquez Rodríguez salientou que "levamos anos colaborando co Banco de Alimentos de Lugo e a relación resulta moi satisfactoria. Ademais os residentes involúcranse moito na actividade".
Legumes, pasta, arroz, mel galletas, sal, azucre, froitos secos, fariña ou calquera outro alimento que conteña menos dun 12% de auga libre pose entregarse na residencia ata o luns 17 de decembro. Ademais, no marco desta campaña tamén poden efectuarse doazóns de roupa.