Pasar al contenido principal

Rosa Mosquera reivindica as prácticas agroforestais na universidade estadounidense de Cornell

Rosa Mosquera reivindica as prácticas agroforestais na universidade estadounidense de Cornell
Rosa Mosquera reivindica as prácticas agroforestais na universidade estadounidense de Cornell
A catedrática da USC no Campus Terra, Rosa Mosquera, vén de presentar un relatorio na Universidade neoiorquina de Cornell no que reivindicou o incremento das prácticas agroforestais no contexto...
Lugo

A catedrática da USC no Campus Terra, Rosa Mosquera, vén de presentar un relatorio na Universidade neoiorquina de Cornell no que reivindicou o incremento das prácticas agroforestais no contexto europeo no marco dunha reunión de traballo verbo do cambio climático.

 

Os sistemas agroforestais son un tipo de práctica de climate-smart agriculture, que consisten en introducir deliberadamente vexetación leñosa (árbores ou arbustos) en cultivos agrícolas e/ou gandeiros, para beneficiarse das resultantes interaccións ecolóxicas  e económicas, contribuíndo, por exemplo, a mitigar o quecemento da terra.

 

 

Mosquera é coordinadora do proxecto AFINET (Redes de Innovación Agroforestal), unha rede temática destinada a promover o intercambio e a transferencia de coñecemento entre científicos e profesionais dedicados ao sector agroforestal. AFINET actúa a nivel europeo para pór en práctica os resultados de diferentes investigacións e promover ideas innovadoras que axuden aos profesionais a superar desafíos e problemas. Este consorcio atópase formado por trece socios de nove países. AFINET xa celebrou varias reunións para debater con gandeiros, institucións e investigadores accións encamiñadas a tratar de combater o cambio climático.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.