Pasar al contenido principal

Seguridade alimentaria, agricultura sustentable, investigación mariña e bioeconomía, a debate o xoves 16 no Cactus de Lugo

Seguridade alimentaria, agricultura sustentable, investigación mariña e bioeconomía, a debate o xoves 16 no Cactus de Lugo
Seguridade alimentaria, agricultura sustentable, investigación mariña e bioeconomía, a debate o xoves 16 no Cactus de Lugo
A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra BioReDes vén de convidar a Marta Conde Vidal, Punto Nacional de Contacto Bioeconomía e PRIMA, Departamento de Retos Sociais, Dirección de...
Lugo

A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra BioReDes vén de convidar a Marta Conde Vidal, Punto Nacional de Contacto Bioeconomía e PRIMA, Departamento de Retos Sociais, Dirección de Programas da UE e Cooperación Territorial dependente do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) a impartir a conferencia ‘H202O. Reto social 2. Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sustentables, investigación mariña e marítima e de augas interiores e a bioeconomía’ o vindeiro xoves 16 de maio, ás 11.00h, no edificio Cactus de Lugo.

 

O obxectivo específico deste Reto é garantir un abastecemento suficiente de alimentos seguros, saudables e de gran calidade e outros bioprodutos, mediante o desenvolvemento de sistemas de produción primaria que sexan produtivos, sostibles e eficientes en recursos, o fomento dos correspondentes servizos ecosistémicos e a recuperación da diversidade biolóxica, xunto a cadeas de subministro, de transformación e comercialización competitivas e de baixa emisión de carbono. Desta maneira acelerarase a transición cara unha bioeconomía europea sustentable, estreitando a fenda entre as novas tecnoloxías e a súa implementación.

 

Esta xornada está promovida polo grupo de Traballo de Internacionalización de BioReDes coordinado pola Catedrática da USC Rosa Mosquera, desde o que se quere colaborar en acadar unha maior participación dos investigadores do Campus Terra en programas de financiación de proxectos internacionais, e neste caso, máis concretamente, no programa europeo H2020.

 

A xornada está dirixida a todos os investigadores e técnicos do Campus Terra e a entrada é libre ata completalo aforo.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.