Pasar al contenido principal

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC publica o libro de resumos da terceira edición do DivulgaTerra

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC publica o libro de resumos da terceira edición do DivulgaTerra
O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC publica o libro de resumos da terceira edición do DivulgaTerra
Os resumos de todos os relatorios que integraron a terceira edición do DivulgaTerra, o evento de divulgación científica organizado pola Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e polo Servizo...
Lugo

Os resumos de todos os relatorios que integraron a terceira edición do DivulgaTerra, o evento de divulgación científica organizado pola Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo e polo Servizo de Normalización Lingüística da USC no Campus Terra e que aspira a dar a coñecer ante un público non especializado, o traballo dos e das investigadoras do campus en lingua galega, veñen de publicarse en formato dixital a través do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

 

O libro, xa dispoñible no Portal Dixital de Libros da USC, está coordinado polo responsable de Normalización Lingüística no Campus Terra, Xusto Rodríguez, e contén os resumos de 24 investigadores. Como principal novidade, o DivulgaTerra 2018 estivo estruturado en tres sesións temáticas onde máis dun centenar de persoas puideron escoitar relatorios sobre Ciencias da Saúde, Ciencias e Tecnoloxía, así como Ciencias Sociais e Humanidades.

 

Preme aquí para descargar o sumario do libro.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.02.2023.