Pasar al contenido principal

A soprano Mercedes Gancedo e a pianista Beatriz González Miralles abren o luns 11 ás 20.00h na Casa do Saber o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’

A soprano Mercedes Gancedo e a pianista Beatriz González Miralles abren o luns 11 ás 20.00h na Casa do Saber o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’
A soprano Mercedes Gancedo e a pianista Beatriz González Miralles abren o luns 11 ás 20.00h na Casa do Saber o ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’
O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural que integran USC, Deputación e Concello de Lugo, abre a súa programación de 2019 este luns 11 de febreiro, a...
Lugo

O ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural que integran USC, Deputación e Concello de Lugo, abre a súa programación de 2019 este luns 11 de febreiro, a partir das 20.00h, na Casa do Saber, cunha actuación da soprano Mercedes Gancedo xunto coa pianista Beatriz González Miralles.

 

Mercedes Gancedo e Beatriz González Miralles forman dúo estable dende o ano 2015, iniciando a súa colaboración durante o Máster en Lied ‘Victoria de los Ángeles’ en ESMuC (Escola Superior de Música de Catalunya)  onde estudaron baixo a titoría do mestre Francisco Poyato. O dúo foi galardoado en diversos Concursos de Cámara como, entre outros, o Concurso CIM Barcelona, Pòdiums de Música de Cambra ou Paper de Música de Capellades.

 

En outubro de 2017 participan por segunda vez no Festival Life Victoria na Galería Carles Taché (Barcelona) co seu concerto Soufflé e dentro do novo formato do Festival, Tast de Lied. Mercedes Gancedo obtén o primeiro premio do Concurso El Primer Palau o que lle asegura ao dúo un concerto na tempada 18/19 do Palau da Música de Barcelona así como a gravación dunha maqueta, premio outorgado por Catalunya Música. En decembro de 2017 gravan o seu primeiro disco, Cooking America!, tendo a oportunidade de presentalo en diversas cidades españolas dentro da rede de Músicas de Juventudes Musicales de España.

 

A entrada ao concerto é de balde ata completar aforo.

 

Consulta o programa completo de ‘Músicas a carón da Mosqueira’

Consulta o programa do concerto

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.