Pasar al contenido principal

Susana Seivane presenta Fa este xoves ás 21.00h no Círculo das Artes

Susana Seivane presenta Fa este xoves ás 21.00h no Círculo das Artes
Susana Seivane presenta Fa este xoves ás 21.00h no Círculo das Artes
O ciclo Lubicán, enmarcado dentro do convenio Lugo Cultural do que forman parte USC, Concello e Deputación de Lugo, acolle este xoves 28 de marzo, a partir das 21.00h, no Círculo das Artes de Lugo, a...
Lugo

O ciclo Lubicán, enmarcado dentro do convenio Lugo Cultural do que forman parte USC, Concello e Deputación de Lugo, acolle este xoves 28 de marzo, a partir das 21.00h, no Círculo das Artes de Lugo, a actuación da gaiteira Susana Seivane quen presentará o seu último traballo discográfico Fa.

 

FA é o novo traballo de Susana Seivane tras oito anos de silencio discográfico, un longo período que lle serviu de inspiración para a composición do seu quinto álbum. FA (Fiz e Antón) é unha profunda introspección no eido da maternidade, os convencionalismos, a familia e a plenitude persoal.

 

Sen perder a súa esencia definitoria, Susana explora novos ritmos imprimindo modernidade na tradición e erixíndose como unha das máis virtuosas gaiteiras de todos os tempos.

 

Con temáticas universais como o amor superlativo, o medo, a inseguridade ou a felicidade absoluta, Seivane constrúe unha paisaxe sonora sen esquecer as súas raíces dotándoa de novos matices froito da súa madurez como compositora e instrumentista.

 

FA está composto por 12 temas dos cales destaca o seu primeiro extracto "Papá Pum Pum" un canto á alegría vital e á supremacía dos pequenos momentos; é o exemplo perfecto do espíritu de FA o disco máis persoal ata hoxe de Susana Seivane.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.