A USC convoca axudas para que o alumnado preuniversitario participe nos ‘Encontros no Campus Terra’
USC e Deputación Provincial de Lugo convocan un ano máis axudas para sufragar os gastos de desprazamento ata a cidade de Lugo dende os distintos puntos da provincia por parte do alumnado de centros nos que se imparte Bacharelato ou Ciclos Formativos Superiores, para participar nos denominados ‘Encontros no Campus Terra’ que terán lugar os días 5 de febreiro, 7 de marzo e 12 de abril.
Os centros que opten por solicitar estas axudas teñen ata o 18 de xaneiro para enviar cuberto o modelo que se achega na convocatoria, acompañado dun orzamento co gasto previsible das viaxes facilitado pola empresa de transporte que as vai a efectuar. As solicitudes deben mandarse ao enderezo electrónico aponte.lugo [at] usc.es (aponte[dot]lugo[at]usc[dot]es)
A concesión de axudas resolverase o vindeiro 22 de xaneiro. Os ‘Encontros no Campus Terra’, organizados polo 'Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC', están orientados a dar a coñecer a oferta de estudos e servizos da USC nesta sede universitaria a estudantes preuniversitarios. Consulta aquí o texto completo da convocatoria.