Pasar al contenido principal

USC e Deputación presentan o convenio que permitirá con 384.114 euros incrementar a visibilidade de Lugo como destino universitario

USC e Deputación presentan o convenio que permitirá con 384.114 euros incrementar a visibilidade de Lugo como destino universitario
USC e Deputación presentan o convenio que permitirá con 384.114 euros incrementar a visibilidade de Lugo como destino universitario
O reitor da USC Antonio López e o presidente da Deputación Provincial de Lugo Darío Campos, presentaron este mércores, no Pazo de San Marcos, coa presenza da vicerreitora de Coordinación do campus de...
Lugo

O reitor da USC Antonio López e o presidente da Deputación Provincial de Lugo Darío Campos, presentaron este mércores, no Pazo de San Marcos, coa presenza da vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo Montserrat Valcárcel, e da alcaldesa Lara Méndez, o convenio para o desenvolvemento de accións que permitan incrementar a visibilidade de Lugo como destino universitario, así como acadar un aumento no número de alumnado, obxectivos para os cales o organismo provincial inviste 334.114 euros e a USC, 50.000.

 

O convenio atópase artellado en trece eixos temáticos para o presente ano académico entre os que destaca a realización dun plan de promoción de Lugo como cidade universitaria e das titulacións do Campus Terra; a determinación dun plan de bolsas para gastos de matrícula nas titulacións con problemas de demanda; un plan de captación de estudantes doutras nacionalidades para as titulacións do Campus Terra; o desenvolvemento dun plan de apoio para as prácticas de campo; a determinación dun plan de bolsas de investigación en grupos; o fomento das titulacións de Máster; a potenciación para a realización de cursos de verán na provincia de Lugo; o estudo sobre a posibilidade de utilizar a Granxa Gayoso-Castro para a realización de prácticas universitarias; ou o impulso da docencia semipresencial ou a distancia mediante a implantación de novas tecnoloxías a través do Estudio e-Terra.

 

Asemade, o convenio contempla implementar incentivos para Traballos de Fin de Grao e Traballos Fin de Máster das titulacións do Campus Terra; o impulso da divulgación científica e a captación de novas talentos a través de iniciativas como o DivulgaTerra ou o Campus Científico de Verán XuvenCiencia; o estudo sobre a posibilidade de incrementar os fondos existentes na Biblioteca lntercentros do campus; e a análise das infraestruturas deportivas e docentes, completan este cadro de medidas.

 

A oferta docente do Campus Terra non se vai reducir

Tralo acto, o reitor atendeu aos medios de comunicación e subliñou que o Campus Terra non vai sufrir ningunha redución na súa oferta docente. “Atopámonos nun proceso de redifinición de títulos para crear unha oferta o máis atractiva posible pero non se vai a reducir o número de graos que a USC oferta en Lugo”, destacou López ante os xornalistas.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.02.2022.