Veterinaria acolle unha sesión informativa sobre a Convocatoria de Proxectos Piloto da Axencia Galega de Calidade Alimentaria
A Aula Aresa II do Pavillón Central da Facultade de Veterinaria acollerá o próximo luns día 25 de febreiro ás 12.00 horas, unha sesión informativa sobre as accións de cooperación para o apoio de...
Lugo
A Aula Aresa II do Pavillón Central da Facultade de Veterinaria acollerá o próximo luns día 25 de febreiro ás 12.00 horas, unha sesión informativa sobre as accións de cooperación para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, impartida por Ramón Mazoy Fernández, Técnico de Xestión de I+D do Campus Terra.
A sesión consistirá nunha sintética presentación da convocatoria seguida dunha exposición de posibles continxencias no momento de preparar a solicitude. Poderán asistir todos aqueles investigadores de Campus Terra interesados na convocatoria.