O Festival Internacional de Teatro Universitario sobe o pano entre o 6 e o 9 de febreiro
A montaxe teatral ‘Antropoloxía do bico (A síndrome do túnel carpiano)’, a cargo da Aula de Teatro da USC, inaugurará a edición número 28 deste evento cultural
Leer másO Campus Terra promove a innovación e o emprendemento xuvenil no marco da economía azul co proxecto ATLIC
As liñas de traballo e os proxectos de investigación ligados coa potenciación e optimización de recursos no Espazo Atlántico poden inspirar iniciativas innovadoras de emprendemento á mocidade europea
Leer másA certificación de calidade do selo USC Editora chega aos dez anos de vida
O informe da última auditoría de AENOR segue destacando como puntos fortes do sistema o uso de ferramentas informáticas de última xeración para a xestión editorial integral e “os excelentes resultados das enquisas de satisfacción”
Leer másSaleta Rosón retrata a beleza das cidades abandonadas
O Salón Artesoado do Colexio de Fonseca acolle ata o 30 de marzo a exposición de fotografía 'A memoria do deserto'
Leer másRematan as actividades da promoción 2021 de Estalmat-Galicia
Neste terceiro curso, denominado Estalmat- π, participaron 20 dos 30 estudantes que conformaron a promoción décimo quinta do proxecto
Leer másUn recital poético festexa a saída do número 45 da revista 'Dorna'
Afra Torrado, Antía Otero, Keith Payne e Lois Pérez leron poemas incluídos na publicación
Leer másMaría de Maeztu, ChatGPT e o nexo entre arqueoloxía, nómades e o comercio no Índico protagonizan a primeira NerdNite do ano
Terá lugar na Nave de Vidán o vindeiro mércores 7 de febreiro, ás 20.30 horas
Leer másUn estudo alerta de que máis do 60% da poboación española non coñece as medidas para reducir a incidencia do radon
Recoñécese como carcinóxeno (70,5%), aínda que só catro de cada dez saben que é a segunda causa de cancro de pulmón, xusto despois do tabaco (39,2%). Os homes manifestan maior nivel de coñecemento sobre o radon e as mulleres teñen maior percepción dos riscos asociados
Leer másNovos achados constatan o carácter monumental e funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único da Idade de Bronce en Galicia
As escavacións desenvolvidas no lugués Corro dos Mouros baixo a dirección de Pilar Prieto, investigadora dos grupos EcoPast e Cispac da USC, revelan a lousa fundacional deste conxunto arqueolóxico e suxiren que o parapeto do Castrillón ou Corro dos Mouros, duns dous metros de alto por tres de ancho, tivo unha visible coiraza de seixo
Leer másO IGFAE participa no deseño dun detector de neutrinos ‘próximo’ que servirá para afondar na conformación do Universo
Este centro mixto da USC e da Xunta de Galicia interceptará, no marco do experimento DUNE, feixes destas partículas para rexistrar as súas interaccións antes de que muden de ‘sabor’, na súa traxectoria cara aos detectores ‘distantes’ situados a 1.500 metros baixo o solo
Leer másO CLM amplía ata o 7 de febreiro a inscrición nos test de nivel
O prazo para a formalización da matrícula esténdese tamén ata o 10 de febreiro
Leer másA directora do CiMUS, Mabel Loza, ingresa na Real Academia Nacional de Farmacia
O seu discurso de ingreso titulouse 'A farmacoloxía e o descubrimento de fármacos para unha nova era'
Leer másLuis Rodríguez Camarero achégalle a súa pintura emocional e reflexiva á comunidade universitaria
O filósofo e artista exhibe na mostra ‘O reino das árbores’ no Claustro Alto de Fonseca unha selección de cadros nos que amosa paisaxes galegas coma as da Ribeira Sacra ou as das rías
Leer másOs Encontros na USC do Campus de Lugo desénvolvese os días 2 e 3 de abril
O estudantado preuniversitario poderá coñecer de primeira man a oferta académica e de servizos da sede universitaria luguesa
Leer más