Pasar al contenido principal

Actualidad

O outono comeza este martes 22 de setembro ás 15.31 horas

A nova estación vaise prolongar ata as 11.02 horas do 21 de decembro, momento en que terá lugar o solsticio de inverno. Entre os fenómenos máis salientables desta estación destaca a choiva de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano e cuxo máximo terá lugar o 14 de decembro. Outras choivas serán as Oriónidas de outubro ou as Leónidas de novembro

Leer más

Formación do Profesorado, de 'matrícula'

O centro no que a USC imparte tres dos sete títulos coas notas de corte máis altas do Campus de Lugo comeza o curso con preto de 300 novos estudantes de grao e posgrado. “Para nós é unha satisfacción contar co mellor alumnado nas nosas aulas”, afirma a decana, Carmen Sarceda Gorgoso

Leer más

Aberto o prazo de inscrición na escola de tenis

Tal e como acontece con toda a oferta de actividades deste Servizo da USC, a práctica deste deporte estará sometida a estritas medidas de seguridade por mor da pandemia da COVID-19. Neste senso, a entrada á instalación para tomar parte nas actividades farase cunha antelación máxima de cinco minutos ao inicio da clase

Leer más