O IGFAE, acreditado como Unidade de Excelencia María de Maeztu
O centro recupera a distinción, acadada por primeira vez no 2017, abrindo unha nova etapa no seu 25º aniversario. Supón un financiamento de 2,6 millóns de euros e impulsará o plan estratéxico trazado nos últimos anos.