Ir o contido principal

Estudantes de ensino medio coñecen virtualmente estes días as titulacións da USC

Estes encontros teñen lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Foto: Santi Alvite
Estes encontros teñen lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Foto: Santi Alvite
O pasado curso participaron nestes encontros un total de 4.786 estudantes

A Universidade de Santiago comeza este xoves cos seus Encontros Virtuais na Zona USC, cos que busca mostrar ao alumnado de ensino medio toda a información acerca das titulacións que ofrece.

Nestes encontros en liña, que teñen lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo, calquera futuro estudante pode conectarse, para cada titulación de Grao, a unha videoconferencia atendida por profesorado dos centros. Ademais, para información doutro tipo o alumnado pode conectarse coa Oficina de Información Universitaria.

Conectando coa páxina https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais, o alumnado pode visitar as páxinas específicas de cada centro e dende ese sitio interactuar, mediante videoconferencia, con profesorado e alumnado dos distintos graos que se imparten nos centros dos campus de Lugo e Santiago.

O pasado curso académico 2022-2023 participaron nestes encontros virtuais da USC un total de 4.786 estudantes de ensinanzas medias.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.03.2024.