Pasar al contenido principal

Curso práctico de comunicación de The Conversation para o persoal investigador da USC

  • 2024/2025

Non sempre resulta doado para a comunidade investigadora dar o salto de escribir artigos científicos ou papers, nos que se expoñan os resultados da investigación de maneira metódica e técnica, a comunicar a ciencia ao público xeral. E con todo, é unha das mellores bazas coas que contamos para alcanzar a democratización do coñecemento. Dado que a USC conta co apoio e a colaboración de The Conversation, propoñemos realizar un curso intensivo dirixido ao persoal investigador e docente que lle proporcione os coñecementos e ferramentas prácticas necesarios para acceder á plataforma e comezar a publicar artigos divulgativos sobre as súas propias investigacións e comprobar o impacto que poden chegar a ter na sociedade.