Pasar al contenido principal

Plan de Formación e Innovación Docente

Diciembre 2024

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Fechas
17 ó 26 de decembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Humanidades, Salón de Graos
Preinscripción
Cerrada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Fechas
17 ó 18 de decembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Humanidades, Salón de Graos
Preinscripción
Cerrada

Noviembre 2024

Educación da voz: prevención de patoloxías vocais en docentes

A voz é o principal instrumento de traballo do profesorado e, con todo, é a gran esquecida. Na realización deste curso abordaranse as bases da produción da voz desde un enfoque holístico, con especial atención aos aspectos físicos, psíquicos e emocionais que dan como resultado a emisión vocal e que interveñen na súa autorregulación. Tratarase de enriquecer as sensacións propioceptivas das persoas participantes e de ampliar as súas experiencias coa voz de forma lúdica, na medida do posible dado o carácter inicial do curso. Para finalizar, expoñeranse as normas básicas do correcto coidado da voz e romperán mitos respecto diso.
Fechas
26 ó 28 de novembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. Formación do Profesorado (aula 25 e 30)
Preinscripción
Cerrada

Octubre 2024

Curso intermedio en Ética e valores no ámbito público: marco normativo, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
Fechas
28 de outubro ó 4 de novembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac.Veterinaria, Aula Norvet
Preinscripción
Cerrada

Curso básico de introdución á ética pública: valores, resolución de conflitos e prevención

Esta formación pretende servir como curso introdutorio na ética na administración pública e os valores asociados a esta. As administracións atópanse cada vez baixo un maior escrutinio e as esixencias de bo funcionamento e integridade son, como é lóxico, crecentes. Por isto, a ética colle un peso aínda maior se cabe como elemento guía da actuación no día a día do noso entorno laboral. Máis aló dos contidos asociados a este primeiro punto, o curso pretende tamén difundir os valores da USC, as súas ferramentas de prevención e empregar varios casos prácticos para axudar a comprender as implicacións dun comportamento non ético e os prexuízos que supón.
Fechas
28 ó 29 de outubro
Lugar
Campus de Lugo, Fac.Veterinaria, Sala de Xuntas
Preinscripción
Cerrada

Septiembre 2024

Introdución á ApS na Universidade

O curso presentará a metodoloxía aprendizaxe-servizo no marco da educación superior. Deste xeito, nun primeiro módulo os/as asistentes poderán coñecer as potencialidades que ten a ApS e diferenciala doutras iniciativas pedagóxicas. Nun segundo momento, deberase deseñar un proxecto. Para isto, irase guiando as/aos participantes na súa construción vinculando as áreas de coñecemento de cadaquén e procurando a súa viabilidade.
Fechas
11 ó 24 de setembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. Veterinaria, Aula Norvet
Preinscripción
Cerrada

Julio 2024

Introdución á Intelixencia Artificial Xenerativa e chatGPT

O curso consta dunha primeira parte onde se explicarán os fundamentos usados na construción de sistemas conversacionais de IA, o modo en que se entrenan estos sistemas e os servizos que aportan aos seus usuarios/as. Seguidamente, traballarase cunha serie de exemplos prácticos de uso para observar o potencial destas ferramentas, dando soporte a unha gran variedade de tarefas
Fechas
Do 8 ó 22 de xullo
Lugar
Campus de Lugo, Facultade de Ciencias, aula de informática nº 4
Preinscripción
Cerrada

Junio 2024

Do 10 ó 24 de xuño
Lugar
Campus de Lugo, Facultade de Ciencias, aula de informática nº 4
Preinscripción
Cerrada

Mayo 2024

Abril 2024

Protección de datos e investigación

A través deste curso preténdese dar ao alumnado unha visión xeral de normativa vixente referente á protección de datos, a súa aplicación práctica na investigación, e a específica situación na USC. Basearémonos no Regulamento UE 2016/679 e na LO 3/2018.. Analizaranse diversos casos reais e cotiás, tentando aportar solucións ás situacións problemáticas e axudar ao profesorado da USC na súa investigación, para evitar vulneracións da normativa e posibles sancións. Tamén se verán o papel das universidades neste eido e as específicas actuacións da USC no mesmo.
Fechas
24 ao 26 de abril
Lugar
Campus Lugo, Facultade de Veterinaria aula Norvet
Preinscripción
Cerrada

Diciembre 2023

Iniciación á intelixencia artificial

A Intelixencia Artificial (IA) parece algo de antonte, pero trátase dun campo científico e tecnolóxico con máis de seis de seis décadas de vida. O seu impacto social e económico é xa enorme e crece cada día. Está presente en moitos máis sitios dos que pensamos, pero non en todos nos que se di. Como xa non é posible nin vivir nin traballar sin Intelixencia Artificial, mellor saber que é, que podemos esperar dela e como podemos evitar, ou cando menos reducir, os seus riscos. Esta acción formativa será comprensible para calquera persoa, e realizarase mediante unha exposición polo docente, seguida dun tempo para preguntas e diálogo.
Fechas
Data: 15 de decembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de ADE, Aula MAGNA
Preinscripción
Cerrada

Junio 2023

Edición de vídeos para a Educación Superior

A elaboración de vídeos como material didáctico está a converterse nun proceso amplamente utilizado na Educación Superior. Con esta actividade formativa o profesorado universitario poderá adquirir as competencias necesarias para editar, de forma autónoma, vídeos que poderán incorporar como recursos nas súas materias.
Fechas
22 de xuño ao 6 de xullo
Lugar
Campus de Lugo, Fac. Veterinaria, aula de informática 3
Preinscripción
Cerrada

Abril 2023

Ferramentas informáticas de análise de datos SPSS (Avanzado)

Co presente curso preténdese que o interesado/a adquira un coñecemento comprensivo dos modelos avanzados de análise de datos facendo uso do programa SPSS, un recurso informático actualmente disponible para todos/as os/as usuarios/as da USC. Os coñecementos adquiridos poden ter importantes aplicacións na metodoloxía da investigación científica dos/das asistentes ao curso, tanto no que atinxe á aplicación da estatítica como á comprensión do funcionamento do programa SPSS.
Fechas
25 ao 27 de abril
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, Aula de informática 3
Preinscripción
Cerrada

Diciembre 2022

Competencias en información para a docencia e a investigación

As competencias en información son un conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e valores que nos van permitir resolver problemas relacionados coa xestión da información. O obxectivo deste curso é traballar as competencias necesarias en todo o ciclo da información científica: analizar as necesidades de información, fontes de información e metodoloxías de busca, organización e avaliación da información, realización dun traballo científico, comunicación científica e avaliación da ciencia. Todo no contexto dun investigador da USC. Así, estruturase en 6 módulos, cada un coa súa correspondente parte práctica, que será a base da avaliación da adquisición destas competencias por parte do alumnado. Ademais inclúe 2 sesión presenciais nas que se afondará na busca e xestión da información e no aumento da visibilidade do persoal investigador.
Fechas
15 de decembro ao 25 de xaneiro
Lugar
Campus de Lugo, Biblioteca Intercentros, aula e-Terra e Teams
Preinscripción
Cerrada

Noviembre 2022

Afondando no “Protocolo de acoso sexual e acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero na USC”: achegamento, análise e reflexións.

A Universidade de Santiago de Compostela aproba no ano 2016 o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero. Esta formación pretende ser unha ferramenta que achegue o mencionado instrumento á realidade do PDI, visibilizandoo e clarificando diversos aspectos sobre o mesmo e sobre a situación do acoso no ámbito universitario.
Fechas
Do 4 ao 10 de novembro
Lugar
Campus de Lugo, facultade de ADE, aula 2
Preinscripción
Cerrada

Octubre 2022

Introdución á ApS no eido da cooperación e educación ao desenvolvemento

Este curso presenta unha aproximación á metodoloxía da Aprendizaxe-Servizo (ApS) como ferramenta que posibilite unha aprendizaxe máis práctica e reflexiva que achegue, a través da implementación dos proxectos unha visión transversal dos ODS e da cooperación e educación para o desenvolvemento.
Fechas
do 27 de outubro ao 2 de novembro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, sala Aresa-2
Preinscripción
Cerrada

Inclusión educativa en la enseñanza superior. Aproximación a la metodología didáctica y a la accesibilidad documental

Este curso presenta unha aproximación ao apoio á inclusión na aulas na Universidade de Santiago de Compostela a través da presentación dos servizos que se ofrecen dende a propia estrutura (Servizo de Participación e Integración Universitaria) e diferentes proposta para o traballo na aula segundo as diferentes tipoloxías de discapacidades. Ao mesmo tempo farase unha aproximación a accesibilidade documental de diferentes ferramentas para a docencia: -Procesadores de texto -Follas de cálculo -Presentacións de PowerPoint -Arquivos PDF -Conversións de texto a audio
Fechas
18 ao 25 de outubro
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, Aula Norvet
Preinscripción
Cerrada

Junio 2022

Obradoiro de xestión do multilingüismo nas aulas

Prioridade profesorado da Facultade de Veterinaria Curso semipresencial Presencial: días 20 e 22 de xuño de 9h a 12h. En liña: día 21 de xuño de 9:30h a 11h
Fechas
Do 20 ao 22 de xuño
Lugar
Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, aula Norvet (20 de xuño), aula XXV Aniversario (día 22 de xuño), Teams (día 21 de xuño)
Preinscripción
Cerrada

Mayo 2022

Edición de vídeos para la Educación Superior

Sesión presencial o día 24 de maio de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 17:30 horas
Fechas
Lugar: Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, Aula de informática 1 (día 24)
Lugar
[ Campus de Lugo, Fac. de Veterinaria, Aula de informática 1 (día 24)
Preinscripción
Cerrada

Marzo 2011

Noviembre 2010

Curso de Lingua Alemana – Nivel Básico II

Modificación do inicio do curso para o día 8 novembro
Fechas
Data: Novembro: 8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29; Decembro: 1, 13, 15 e 20; Xaneiro: 10, 12 e 17, ¿?
Lugar
Lugo. Fac. Humanidades, Aula 2 CLM
Preinscripción
Cerrada

Octubre 2010

Presentación de la Plataforma Blackboard

Tienen prioridad los docentes que no asistieron a ningún curso sobre Blackboard
Fechas
20 outubro
Lugar
Campus de Lugo. Fac. ADE Aula informática 1
Preinscripción
Cerrada

Presentación de la Plataforma Blackboard

Tienen prioridad los docentes que no asistieron a ningún curso sobre Blackboard
Fechas
5 outubro
Lugar
Campus Norte Santiago. Fac. CC. Económicas. Aula informática 2
Preinscripción
Cerrada

Septiembre 2010

Presentación de la Plataforma Blackboard

Lugar: Campus Lugo. Fac. ADE. Aula informática 1. Fecha: cambio para o 23/09/10. Horario 16:00 a 19:00
Fechas
[Jueves 16:00 - 19:00 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Lugar
[Jueves 16:00 - 19:00 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Preinscripción
Cerrada

Presentación de la Plataforma Blackboard

Lugar: Campus Lugo. Fac. ADE. Aula informática 1. Fecha: cambio para o 23/09/10. Horario: 9:30 a 12.30
Fechas
[Jueves 09:30 - 12:30 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Lugar
[Jueves 09:30 - 12:30 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Preinscripción
Cerrada

Presentación de la Plataforma Blackboard

Lugar: Campus Lugo. Fac. ADE. Aula informática 1. Fecha: 15/09/10. Horario: 16:00 a 19.00
Fechas
[Miércoles 16:00 - 19:00 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Lugar
[Miércoles 16:00 - 19:00 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Preinscripción
Cerrada

Presentación da Plataforma Blackboard

Lugar: Campus Lugo. Fac. ADE. Aula informática 1. Fecha: 15/09/10. Horario 9:30 a 12.30
Fechas
[Miércoles 09:30 - 12:30 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Lugar
[Miércoles 09:30 - 12:30 Facultad de Administración y Dirección de Empresas [L] Aula informática 1]
Preinscripción
Cerrada