Pasar al contenido principal

Cátedra Juana de Vega

Directora: Luisa Muñoz Abeledo

Juana de Vega

Creada en colaboración co Departamento de Historia Contemporánea e de América en decembro de 2005, no marco das actividades organizadas pola Fundación Juana de Vega para conmemorar o bicentenario do nacemento da súa fundadora (1805), fixa como obxectivos promover o desenvolvemento de actividades tanto de investigación, como de formación, debate e divulgación sobre tres aspectos centrais de historia contemporánea de Galicia:

O obxectivo desta Cátedra é promover o debate, a reflexión, a investigación e o desenvolvemento de actividades que conduzan á realización de estudos e proxectos de investigación, así como a formación e divulgación de traballos relacionados coas seguintes materias:

  1. Historia das mulleres: o seu papel na política, economía e sociedade de Galicia.
  2. Investigacións sobre a vida e obra de Juana de Vega no contexto da historia do liberalismo galego.
  3. As iniciativas e procesos modernizadores do sector primario de Galicia (séculos XIX e XX).  

Serán actividades da cátedra a realización de cursos, seminarios, conferencias, congresos  que redunden na difusión e o coñecemento dos ámbitos de interese da Cátedra Juana de Vega. 

Últimas novas relacionadas

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2024.