Unha mostra que serve de tributo ás mulleres traballadoras vencelladas estreitamente ao mar e ás súas industrias
Este mércores 20 de marzo ás 13.00 horas inaugúrase a exposición 'As mulleres e o mar. O traballo feminino nas industrias marítimas de Galicia. Séculos XIX e XX' no Claustro Alto do Colexio de Fonseca. A apertura da mostra asistirán a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; a comisaria da exposición e directora da Cátedra Juana de Vega, a profesora Luisa Muñoz, e o xerente da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade.
A exposición, organizada pola Cátedra Juana de Vega, é un tributo a todas aquelas mulleres traballadoras e loitadoras incansables que dende o século XIX e ao longo do XX estiveron vencelladas estreitamente ao mar e as súas industrias, e é un relato colectivo de todas estas profesionais da pesca: redeiras, mariscadoras, regateiras, conserveiras.
Pode verse de luns a venres, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. A entrada é libre e de balde.
A exposición estará pechada os días 28 e 29 de marzo todo o día.