Pasar al contenido principal

Curso: Edición de documentos e presentacións efectivas en LaTeX

03.10.2022-04.10.2022 | 10.00h-14.00h

Obxectivos do curso:

O obxectivo do curso sería introducir aos participantes na edición de textos científicos empregando LATEX. Comezarase polos fundamentos e daranse as ferramentas para que o alumnado poida afondar pola súa conta trala finalización do curso. No curso tamén se introducirá o uso de LATEX para facer presentacións de forma sinxela.

Contidos

O contidos do curso estruturaranse do seguinte xeito:

  • LaTeX: unha nova esperanza
    • Instalación e ferramentas (online e offline)
    • Primeiros pasos: estrutura dun documento en LaTeX, clases de documentos
    • Tuneando o documento: tipos e tamaño de letra, enumeracións, listas,...
  • LaTeX: avanzando no proceso:
    • Figuras
    • Táboas
    • Índices
    • Bibliografía
  • LaTeX e as matemáticas: Ambientes matemáticos: caracteres especiais, arrays, matrices, ecuacións.
  • Prantillas LaTeX para a elaboración de artigos científicos, TFGs, TFMs ou teses doutorais.
  • Presentacións en LaTeX: a clase beamer.

Metodoloxía

Será unha formación eminentemente práctica e presencial na que se traballaran en paralelo os contidos teóricos coa realización de documentos e presentacións empregando LATEX. Proporcionaranse os coñecementos básicos para que o alumnado poida ser autónomo trala realización da formación. Para que o curso se considere superado o alumnado terá que entregar un exercicio despois de finalizar o curso.

Dirixido a: Estudantes de grao e mestrado e PDI.

Docente: Fernando Rafael Pardo Seco, Prof. Axudante Doutor do Dpto. de Electrónica e Computación da EPSE.

Requisitos materiais do curso: Asistencia co ordenador portátil con carga completa de batería.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.11.2023.