Pasar al contenido principal

O Premio Humanitas distingue o labor social do programa de acompañamento a familias monoparentais Abeiro

O director de Cáritas Interparroquial de Santiago, Carlos Juiz, e o director do Programa Abeiro, Javier Salgado, foron os encargados de recoller o galardón de mans do reitor da USC, Antonio López; e da presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra. O ex reitor Juan Viaño tamén asistiu ao acto. FOTO: Santi Alvite
O director de Cáritas Interparroquial de Santiago, Carlos Juiz, e o director do Programa Abeiro, Javier Salgado, foron os encargados de recoller o galardón de mans do reitor da USC, Antonio López; e da presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra. O ex reitor Juan Viaño tamén asistiu ao acto, así como o presidente de Alumni, Agustín Pena . FOTO: Santi Alvite
O galardón outorgado por Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC recoñece accións e traxectorias “que se distinguiran pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade”
Santiago de Compostela

Pola importancia do seu labor social, así como pola consolidación do seu traballo coas familias dende o ano 2001, o programa Abeiro de Cáritas acaba de recibir o Premio Humanitas 2022, un recoñecemento outorgado conxuntamente polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni) e que foi concedido por unanimidade. Este é un galardón que busca recoñecer “accións e traxectorias que estean desenvolvendo anualmente persoas físicas, xurídicas, asociacións, empresas ou fundacións que se distinguiran pola súa dedicación e implicación en actividades solidarias, sociais ou humanitarias, en beneficio da mellora da calidade de vida da colectividade”.

O xurado encargado das valoracións estivo composto polo reitor da USC, Antonio López, que o presidiu e integrado ademais  pola presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra; o presidente de Alumni, Agustín Pena; a vogal do Consello Social, Nuria Pereira; e Inés Toca, por Alumni, que actuou como secretaria. Nun acto celebrado na sede do Consello Social fíxose entrega deste premio que está dotado con 2.000 euros, achegados ao 50% polo Consello Social e por Alumni. Ademais, á dotación deste ano engádense 500 euros adicionais doados polo ex reitor Juan Viaño e que se corresponden coa cantidade que el recibiu ao proclamarse vendedor do premio de relato curto que cada ano outorga Alumni USC. O profesor Viaño, quen tamén estivo presente no acto, decidiu doar o seu galardón para incrementar a dotación do Premio Humanitas 2022.

O director de Cáritas Interparroquial de Santiago, Carlos Juiz, e o director do Programa Abeiro, Javier Salgado, foron os encargados de recoller o galardón de mans do reitor da USC, Antonio López; da presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra; e da vogal deste órgano colexiado, Nuria Pereira. Os representantes de Abeiro aproveitaron o acto para “trasladar á sociedade a súa vocación solidaria” e deron os parabéns á organización do certame por dar pulo a unha iniciativa que contribúe a dar visibilidade a iniciativas que fomenten o labor social.

Familias monoparentais

Abeiro é un programa de asesoramento e acompañamento laboral a familias monoparentais que se atopan en situación de especial dificultade ou exclusión social e familias en situación de risco que precisan dun apoio específico, cualificado e personalizado, tendo en conta as súas circunstancias. “Atendemos a familias que presentan carencias como a soidade, dificultades económicas, dependencia de recursos públicos, privación de liberdade de algún dos seus membros, complicada inserción formativo laboral, inestabilidade laboral, dificultades para a conciliación de vida familiar e laboral, ou dificultades para afrontar os distintos ciclos vitais familiares, entre outros aspectos”, explican os seus responsables.

O programa proporciona unha resposta integral de intervención socioeducativa e acompañamento a estas unidades familiares e dende o ano 2013 tamén a familias en especial protección da comunidade galega con fillos menores de 18 anos ao seu cargo. Abeiro é un programa integral de apoio ás familias que se encontran en situación de especial dificultade e trata de favorecer a inserción sociolaboral dos seus membros.

Abeiro é un programa de asesoramento e acompañamento laboral a familias monoparentais que se atopan en situación de especial dificultade ou exclusión social e familias en situación de risco que precisan dun apoio específico, cualificado e personalizado, tendo en conta as súas circunstancias. FOTO: Santi Alvite
Abeiro é un programa de asesoramento e acompañamento laboral a familias monoparentais que se atopan en situación de especial dificultade ou exclusión social e familias en situación de risco que precisan dun apoio específico, cualificado e personalizado, tendo en conta as súas circunstancias. FOTO: Santi Alvite
Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2022.