Neste curso, 2024-25, para facilitar a asistencia, organizaremos unha reunión en Santiago e outra en Lugo.
En Santiago de Compostela: xoves, 10 de outubro, ás 11:00h. no Salón Nobre do Colexio Fonseca (a 50 metros do Obradoiro).
En Lugo: luns, 14 de outubro, ás 11:00h. no Edificio do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (CACTUS) do Campus de Lugo (a 50 metros da Biblioteca Intercentros).
Nesta reunión faremos unha breve exposición das actividades a desenvolver polo Programa e recolleremos as propostas que nos fagades dende os centros de Ensino Medio.
A Universidade de Santiago de Compostela (cos seus campus en Lugo e Santiago) agradece o voso interese e colaboración en todas as actividades que organiza e agarda seguir contando con ela.
Formulario inscrición https://forms.office.com/e/3zYjPdUQMe
Esta incrición permitiranos enviar un xustificante de asistencia.
Orde do día
- Apertura do acto polo Sr. Reitor
- Saúdo do Sr. Reitor da USC
- Presentación das actividades do Programa “A Ponte” para o presente curso.
- Informes da CIUG
- Rolda de Intervencións
- Peche do acto.
Unidade de xestión do Programa A Ponte
- Pabellón de Estudiantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 576
- aponte [at] usc.gal