Ir o contido principal
Dende o programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, como todos os anos, queremos invitarvos a participar nunha reunión que ten por finalidade poñer en marcha o Programa para o presente curso 2024-25.

Neste curso, 2024-25, para facilitar a asistencia, organizaremos unha reunión en Santiago e outra en Lugo.

En Santiago de Compostela: xoves, 10 de outubro, ás 11:00h. no Salón Nobre do Colexio Fonseca (a 50 metros do Obradoiro).

En Lugo: luns, 14 de outubro, ás 11:00h. no Edificio do Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (CACTUS) do Campus de Lugo (a 50 metros da Biblioteca Intercentros).

Nesta reunión faremos unha breve exposición das actividades a desenvolver polo Programa e recolleremos as propostas que nos fagades dende os centros de Ensino Medio.

A Universidade de Santiago de Compostela (cos seus campus en Lugo e Santiago) agradece o  voso interese e colaboración en todas as actividades que organiza e agarda seguir contando con ela.

Formulario inscrición https://forms.office.com/e/3zYjPdUQMe

Esta incrición permitiranos enviar un xustificante de asistencia.

Orde do día

  1. Apertura do acto polo Sr. Reitor
  2. Saúdo do Sr. Reitor da USC
  3. Presentación das actividades do Programa “A Ponte” para o presente curso.
  4. Informes da CIUG
  5. Rolda de Intervencións
  6. Peche do acto.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.10.2024.