Pasar al contenido principal

Curso

Curso sobre manexo da aplicación de control de accesos Dorlet

O programa de formación, que está estruturado en tres horas de duración e inclúe sesións teóricas e prácticas, comeza a partir das 10.30 horas, no edificio Cactus do Campus de Lugo, que acollerá a segunda quenda do curso ás 16.30 horas

Cartaz do curso
Cartaz do curso

O edificio Cactus do Campus de Lugo da USC acolle este luns, a partir das 10.30 horas, un curso sobre manexo da aplicación de control de accesos Dorlet. Esta actividade, incluída no programa de formación complementaria do Campus Terra e orientada a personal de administración e servizos, está estruturado en tres horas de duración e inclúe sesións teóricas e prácticas.

O programa, cuxa alta matrícula propiciou a organización dunha nova quenda do curso en sesión de tarde, a partir das 16.30 horas, permitirá ás persoas participantes familiarizarse coas ferramentas do monitor de accesos, así como coa identificación dos distintos módulos, tanto no que atinxe a arquitectura como a operativa, alarmas, recintos...

O mantemento e tratamento de datos persoais, modelos de altas e baixas; o manexo das tarxetas e as ferramentas de consultas e rexistros de eventos, impresións de arquivos, listaxes... centran a temática doutros dos contidos incluídos no programa deste curso.

As sesións teóricas permitirán ao alumado visualizar a través de imaxes aspectos das funcionalidades do programa en canto a alta, tratamento e consulta de usuarios e tarxetas.Asemade, a formación práctica desenvolverase desde un ordenador, a través do que a persoa usuaria poderá aplicar os coñecementos previamente adquiridos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.09.2023.