Pasar al contenido principal
  • USC

Acto de Graduación da Facultade de Química

Acto de Graduación da Facultade de Química
Acto de Graduación da Facultade de Química
O Acto de Graduación da XI Promoción do Grao en Química e da III Promoción do Dobre Grao en Química e Bioloxía tivo lugar o día 21 de Xullo de 2023 na Aula Magna da Facultade de Química

O día 21 de Xullo de 2023, ás 17:30h, celebrouse na Aula Magna da Facultade de Química o Acto de Graduación da XI Promoción do Grao en Química e a III Promoción do Dobre Grao en Química e en Bioloxía

O evento estivo presidido polo Vicerreitor de Política Científica, don Vicente Pérez Muñuzuri e contou tamén coa presenza do decano da Facultade de Química, don Jesús Sanmartín Matalobos, o vicedecano da Facultade de Bioloxía, don Francisco Javier Salgado Castro, o decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, don Manuel Rodríguez Menéndez, a madriña das promocións de Grao e de Dobre Grao, dona Matilde Fondo Busto, así como o padriño da promoción de Grao, don José Manuel Vila Abad.

A profesora dona María Carmen Barciela Alonso procedeu ao chamamento do alumnado presente no acto, con motivo da imposición de bandas e entrega de obsequio do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, mentres soaba música de violín.

No marco do Acto de Graduación tivo lugar a entrega dos  Premios á Excelencia Académica do alumnado do Grao en Química da USC. A USC, xunto con Mestrelab, GalChimia e NANOGAP, tres empresas xurdidas da actividade investigadora da Facultade de Química, recoñecen así a actitude de compromiso e esforzo do alumnado do Grao en Química, co obxectivo incentivar a mellora continua na súa formación académica, promovendo a calidade, competencia, e igualdade de oportunidades.
A entrega dos galardóns foi da man de don Juan Carlos Cobas Gómez, presidente de Mestrelab Research S.L., dona Carme Pampín Casal, co-fundadora de GalChimia, S.A., e dona Iria Rodríguez Arias, directora técnica de NANOGAP. O alumnado premiado foi: Lourdes Patricia Sanmiguel Vázquez, que obtivo o 1º premio, dotado cunha contía de 2000€; David Montoto Pintos, que se fixo co 2º galardón, con valor de 1500€ e David Alvar Gil, co 3º premio, cunha contía de 1200€.

Á finalización do acto, realizouse unha fotografía conmemorativa na entrada principal do centro e a continuación se puido disfrutar dun ágape na terraza da Facultade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.08.2023.