Pasar al contenido principal

OBRADOIRO

Xestión do estrés

10/11/2023 - 12.00 horas

Aula de Actividades Deportivas, Pavillón IV e Microsoft Teams

Organizador: Facultade de Veterinaria

A actividade promovida pola Facultade de Veterinaria e incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra da USC desenvólvese os días 10 e 17 de novembro. A inscrición é gratuíta e permanece aberta en liña

Cartaz do obradoiro sobre xestión do estrés
Cartaz do obradoiro sobre xestión do estrés

A Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC promove a celebración dun obradoiro de xestión de estrés, a fin de mellorar a saúde e o rendemento académico do alumnado. Esta actividade, incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra da USC, está coordinada por Maribel Quiroga e será impartida por Isabel Porto Golpe, Carmen Fernández Morante e Lorena Casal Otero os días 10 e 17 de novembro, en quenda de 12.00 a 15.00 horas, na Aula de Actividades Deportivas, Pavillón IV e na Aula Norvet a través da plataforma Ms Teams respectivamente.

O obradoiro, para que se ofrecen un total de 30 prazas e que xa mantén aberto o prazo de inscrición en liña, achegará recursos ás persoas participantes para recoñecer que é o estrés, como distinguir o positivo e o negativo; identificar as contribucións do estrés aos trastornos do organismo, e tamén para afrontar este tipo de episodios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.11.2023.