A identificación persoal realizase con dous datos: o nome de usuario e a chave de paso.
- O nome de usuario ten un formato do tipo identificador@dominio, onde o dominio pode ser @rai.usc.es no caso dos estudantes ou @usc.es para o persoal da universidade.
- Aínda que este formato coincide co dos enderezos de correo electrónico son dous entes independentes e, no segundo caso, os enderezos poden ser tamén do tipo @rai.usc.gal ou @usc.gal.
- O identificador comunícase ao interesado no momento da alta.
- A chave de paso (password) é un conxunto de caracteres alfanuméricos persoal e intransferible. É obriga de cada usuario a custodia dilixente da súa chave de paso. Non facelo pode ter como consecuencia o uso fraudulento dos recursos e privilexios asignados, polo que debemos anovar a chave de paso anualmente e non permitir que ninguén a coñeza.
Posto que os nomes de usuario son en maior ou menor medida públicos, a chave de paso é o único obstáculo para evitar a suplantación de identidade. O uso das credenciais doutra persoa pode ser constitutivo dun delito.