Esta rede está constituída por máis de 1.000 puntos de acceso en máis de 100 edificios, configurando unha das redes sen fíos máis extensas de Galicia. Todos os puntos están preparados para funcionar nas bandas de 2,4 G e 5 Ghz. soportando os estándares 802.11.b/g/n/ac.
O servizo de rede sen fíos para congresos proporciona acceso a Internet aos asistentes a congresos ou conferencias que se organicen nas instalacións da USC naqueles casos nos que non sexa posible empregar o servizo Eduroam.
A alta debe ser solicitada polo menos cunha semana de antelación mediante o correspondente formulario de alta asinado polo responsable do centro, departamento ou servizo organizador.
A vixencia deste servizo estará limitada á duración do evento.
Como se indica ao principio as persoas visitantes deben empregar prioritariamente o servizo Eduroam, dispoñible en todas as universidades españolas e nunha grande parte no resto das europeas e do mundo. Para consultar a dispoñibilidade do servizo na túa localización podes dirixirte a https://eduroam.org/where/