Pasar al contenido principal

Masterclass sobre cortes singulares de carne de vacún da IXP Ternera Galega

8/5/2024 - 18.00 horas

Aula de procesados de alimentos

O obradoiro con cociña en directo pretende amosar a importancia da produción de carne de vacún de calidade en Galicia, así como a súa versatilidade e uso gastronómico

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC acolle o mércores 8 de maio, a partir das 18.00 horas, un obradoiro con cociña sobre cortes singulares de carne ce vacún da IXP Ternera Galega (Vaca Galega e Boi Galego). Esta actividade, promovida por Maribel Quiroga e impartida por Luis Vázquez e Héctor López, está incluída no plan de formación complementaria do Campus Terra da USC e está aberto á participación de alumnado, docentes, investigadores, así como ao sector produtivo. A inscrición permanece aberta en liña.

O programa do curso, para o que se ofrecen 25 prazas, aborda aspectos tecnolóxicos, nutricionais, organolépticos e culinarios da carne da IXP Ternera Galega, ademais de tratar a importancia dos produtos amparados por distintivos de calidade diferenciada. As persoas inscritas neste programa terán a oportunidade de ampliar os seus coñecementos sobre as características organolépticas e os usos culinarios dos cortes máis tradicionais, así como outros mais singulares, a través de diferentes receitas que poñen en valor as múltiples posibilidades gastronómicas do vacún galego de calidade.

A elaboración de pratos e a degustación dos mesmos por parte do público asistente xunto con outros produtos con selo de calidade galegos, tales como queixos con DOP e viños con DO completan o programa dun curso que pretende salientar a importancia dos produtos amparados por distintivos de calidade diferenciada.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2024.