Organizador: Escola Politécnica Superior
Brindar aos docentes ferramentas que axilicen os procesos de cualificación así como garantir que os estudantes estean a producir traballos orixinais centran a temática deste curso, para o que está xa aberta a inscrición.

Coordinado por María José Iniesto e impartido por Pablo Cear Muñoz Carril, Alba María Souto Seijo e MªIsabel Dans Álvarez de Sotomayor, ten como obxectivo profundizar nos conceptos, ideas previas, altenativas posibles e tipos de avaliacións, ademáis de repasar as técnicas, instrumentos e ferramentas TIC que axilicen os procesos de avaliación dos docentes (cuestionarios, enquisas en líña, rúbricas, sistemas de co-evaluación, h5p, etc.) para que poidan enfocarse no ensino. Ademais profundizarase sobre aspectos relacionados co plaxio, citar e referenciar adecuadamente e o uso da ferramenta Turnitin.
O curso, dirixido a persoal docente e profesionais do ámbito da docencia terá lugar os días 23 de setembro e 4 outubro en formato virtual sincrona por Microsoft Teams e do 24 de setembro ao 3 de outubro de maneira asincrona. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón.