Localización
- Edificio de Apoyo a la Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 816 242
Técnica para análise de moléculas de un amplo rango de masa (50-100.000 Da) e de polaridade alta cando están en moi baixa concentración. NanoElectrospray é unha técnica de ionización empregada fundamentalmente en aplicacións de proteómica.
A técnica de ionización NanoESI traballa baixo os principios fundamentais da ionización electrospray, onde se reduce significativamente o fluxo e os diámetros internos da agulla de nebulización empregados na ionización. Os fluxos empregados tipicamente na ionización nanoESI son de 100-500 nL/min.
Ao reducir os diámetros internos dos condutos do sistema e os fluxos empregados conséguese un aumento da eficiencia da desorción, un aumento da sensibilidade e a posibilidade de poder usar menor cantidade de mostra.
Aplicacións: moléculas de polaridade media alta, solubles, compostos termolábiles, ...
Exemplos:proteínas, péptidos, ...
Unidad de Espectrometría de Masas y Proteómica
- Edificio de Apoio á Investigación (CACTUS)
- Rúa de Constantino Candeira, 1. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 816 242