16 de outubro de 2025

O 16 de outubro celebrarase en Santiago o VI Encontro Galego da Mocidade Investigadora en Ciencias Farmacéuticas, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Farmacia en colaboración con Regeifar.
Trátase dunha xornada de divulgación científica orientada a que a mocidade que comeza as súas investigacións en ciencias farmacéuticas difunda e poña en común o seu traballo, ao tempo que se promove o uso do galego nestas actividades.