Pasar al contenido principal
A Asociación Itinera en colaboración coa Fundación Barraca XXI e o Servizo de Participación e Inclusión Universitaria da USC, organiza o curso “A  tolemia na Arte”.
A tolemia na Arte

Esta edición do curso de voluntariado, A tolemia na Arte, xirará entorno á relación da saúde mental e das diferentes expresións artísticas (cinema, música, artes plásticas.. ), e de como se representaron nas diversas artes as enfermidades mentais, a través da experiencia de diferentes profesionais artísticos e do eido da saúde mental. 

Levarase a cabo a través de palestras, obradoiros, proxeccións e mesas redondas nas que o alumnado da USC poderá coñecer de primeira man diferentes experiencias e técnicas artísticas que poder aplicar ao voluntariado en saúde mental. 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.10.2024.