
Cuantificación mediante fluorometría (Qubit 2.0, Life Technologies). O fluorímetro Qubit mide concentracións de ADN, ARN e proteínas cunha alta precisión e sensibilidade. Basease na utilización de fluoróforos que se intercalan especificamente entre as moléculas de interese, minimizando así os efectos dos contaminantes. A precisión das medicións, incluso a baixas concentracións (Rango de efectividade de 10 pg a 1 ug), fai que o fluorímetro Qubit sexa a ferramenta ideal para aplicacións como PCR en tempo real e secuenciación masiva (NGS).