Requisitos
- Cumprir, ou ter cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2025.
- Acreditar experiencia laboral e profesional relacionada co grao que se desexa realizar.
- Superar unha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil do grao solicitado.
- Non posuír ningunha titulación académica para acceder á universidade por calquera outra vía.
A avaliación da experiencia laboral e profesional estrutúrase en dúas fases obrigatorias. Para superar a avaliación hai que obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 en cada unha delas.
- 1.ª fase: experiencia laboral e profesional (ata 6 puntos); formación (ata 2 puntos); galego (ata 1 punto); outros méritos (ata 1 punto)
- 2.ª fase: entrevista persoal (ata 10 puntos)
Debes acompañar a túa solicitude dunha copia do DNI ou pasaporte, do teu currículo (seguindo o modelo da convocatoria) e, se é o caso, dun xustificante da redución ou exención dos prezos públicos.
A presentación da solicitude debes facela na Sede Electrónica da USC. So no caso de imposibilidade de presentación na sede poderá solicitarse de forma presencial na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistro do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela) ou na Oficina Auxiliar de Asistencia en Materia de Rexistro do campus de Lugo (Edif. Biblioteca Intercentros, 27002 Campus Universitario, Lugo)
Coa presentación da solicitude na sede, xerarase o impreso de liquidación do pago da taxa de inscrición por un valor de 63,67 euros, que tes que aboar nese mesmo momento.
Se fas a solicitude de forma presencial, xerarase o impreso de liquidación no momento de presentala.
Unha vez aboadas as taxas debes enviar copia do xustificante de ingreso ao enderezo electrónico do Servizo de Xestión Académica (sxa [at] usc.gal (sxa[at]usc[dot]gal)). O ingreso tes que realizalo dentro do prazo de matrícula.
Só podes solicitar unha titulación en cada convocatoria. Excepcionalmente poderá autorizarse optar a máis dunha titulación se as datas da segunda fase (entrevista) non son coincidentes. Nese caso xerarase unha liquidación de taxas por cada titulación.
Se superas a proba, terás que matricularte na titulación elixida no prazo que che marcará o Servizo de Xestión Académica.
Presentación de solicitudes | 10 a 28 de febreiro |
Publicación dos tribunais | 7 de marzo |
Publicación dos criterios de valoración da primeira e a segunda fase | 14 de marzo |
Publicación de resultados da primeira fase | 28 de marzo |
Segunda fase: entrevistas | 21 a 25 de abril* |
Publicación das cualificacións da segunda fase e das cualificacións finais | 2 de maio |
Publicación das cualificacións definitivas tras a revisión | 15 de maio |
* Publicaranse as datas e horas específicas de cada candidato xunto coas cualificacións da primeira fase.